#Claves de la semana

Derogar a LOMCE sería unha "irresponsabilidade" para a Xunta

O PSOE pedirá a paralización da lei educativa no congreso


|


Para a Xunta derogar a LOMCE sería unha "irresponsabilidade", que levaría a un "auténtico caos". Así se expresou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, moi crítico coa proposta do PSOE para paralizar a implantación da lei de educación aprobada polo partido popular. 


A proposta do PSOE, que se debaterá este mércores no Congreso, plantexa suspender o calendario de implantación da lei, iniciar o proceso para elaborar unha nova norma e derrogar o decreto que regula a avaliación final de 6º de primaria. Esta proposta coincide coas reclamacións da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público, que demandou recentemente a paralización da lei. 


Pero para o conselleiro de Educación a proposta do PSOE supón unha "certa irresponsabilidade" tendo en conta que España xa viviu "sucesivas leis educativas", todas elas "elaboradas polo mesmo partido". Así, considerou que a actual norma impulsada polo PP corrixe certos "defectos" e "debilidades" do sistema educativo, encamiñada cara ao "fomento dos resultados" e "da equidade".


Nesta liña, e preguntado pola chamada 'reválida' de 6º de primaria, o conselleiro do ramo destacou que se trata de "unha avaliación de diagnóstico" que será "moi próxima" á de 3º, que "non xerou ningún tipo de problema" nin "tensión" ao alumnado, e que permitiu "aplicar medidas correctoras" e "reforzar" os centros a través dos contratos programa.

.

Rodríguez tamén recoñeceu que resulta "un pouco frustrante" o "fracaso" como sociedade de ser "incapaces de fixar unhas liñas mestras" de fronte un pacto educativo en España, e "non usar a Educación como un campo de loita partidista".


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE