#Claves de la semana

​A Plataforma en Defensa do Ensino agradece o "primeiro chanzo" para rematar co "pesadelo" da LOMCE

Reafirma o compromiso para "seguir na loita" ata que se acade "a derogación" máis absoluta da lei


|



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público valora positivamente a aceptación maioritaria conseguida no Congreso pola proposta do PSOE para a "paralización do calendario de aplicación da LOMCE e a conseguinte suspensión da entrada en vigor" das súas normas entre as que destacan as reválidas para alumnos de primaria, ESO e bacharelato. 


Para Anxo Louzao, voceiro da plataforma, trátase dun "paso inicial no camiño que vimos esixindo" para conseguir que a LOMCE "quede como un pesadelo" que trouxo consigo un "cúmulo de despropósitos" e puxo en pé de guerra á comunidade educativa. De feito, recorda que xa se dirixiran a todos os grupos parlamentarios hai unha semana para esixir a paralización da lei.


Aínda así, non están para nada convencidos de que o acordo do congreso chegue a tempo para paralizar a primeira reválida de 6º de primaria, prevista para dentro de mes e medio. Despois de todo, o acordo acadado no congreso tan só é un primeiro paso que debe pasar pola Mesa do Congreso e polo Senado, e que podería verse comprometido se se disolven as cortes en Maio para celebrar novas eleccións. 


En todo caso, Anxo Louzao considera que "se houbera un mínimo de interese polo ensino público" o propio goberno en funcións debería "aplicar o criterio" do Congreso e paralizar polo menos a aplicación da lei. Considera vergonzoso que "o alumnado non sepa o que vai pasar o ano que vén ou este mesmo ano" e recorda que o executivo en funcións non tivo ningún inconveniente para aplicar outras medidas como " a prórroga de 60 anos para ENCE".


Reafirma o compromiso da plataforma para "seguir na loita" ata que se acade "a derogación" máis absoluta na LOMCE. Aínda que finalmente se celebre a reválida de sexto de primaria, xa anunciaron que intentarán boicoteala pedíndolle aos pais que non envíen aos seus fillos ao colexio a realizar as probas, como xa fixeron o ano pasado no caso dos alumnos de 3º de primaria. 

relacionada El Congreso da el primer paso contra la LOMCE
relacionada Derogar a LOMCE sería unha "irresponsabilidade" para a Xunta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE