Esta semana Galicia estrena a polémica evaluación de 6º de primaria prevista na Lomce, que finalmente se levará a cabo a pesar do rexeitamento frontal das anpas, dos partidos políticos da oposición e da Plataforma Galega en defensa do ensino público.


Este mesmo luns expresaron a súa oposición dende Esquerda Unida, censurando as "cartas de extorsión" remitidas pola Xunta e respaldando a libre elección dos pais para "decidir" se ous seus fillos se someten a estas probas.


Na mesma liña, varios centros educativos de distintos puntos de Galicia concentráronse durante a hora do recreo protestando contra as probas que se celebrarán entre o mércores e o venres.


Estas protestas estiveron convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que lle pediu unha vez máis aos pais que non envíen aos seus fillos a realizar as probas como método de protesta, ademais de recordar que hai convocada unha manifestación para o mércores diante da consellería de educación. 


Os portavoces da Plataforma reiteraron a súa "esixencia" de que se eliminen unha probas que "non aportan nada á mellora da calidade da ensinanza". 


Lois Uxío, vocal de Confapa-Galicia sinaou que a plataforma pretende"respaldar a decisión adoptada polas familias para non presentar aos seus fillos", contan con superar a abstención do 58% do alumnado que según indican se acadou hai un ano nas "reválidas" de 3º de primaria. 



POWERED BY BIGPRESS