#Claves de la semana

​Chega envolta en polémica a "reválida" de 6º de primaria

Este luns houbo concentracións nos recreos e o mércores haberá unha manifestación ante a consellería de educación coincidindo co inicio das probas


|




Esta semana Galicia estrena a polémica evaluación de 6º de primaria prevista na Lomce, que finalmente se levará a cabo a pesar do rexeitamento frontal das anpas, dos partidos políticos da oposición e da Plataforma Galega en defensa do ensino público.


Este mesmo luns expresaron a súa oposición dende Esquerda Unida, censurando as "cartas de extorsión" remitidas pola Xunta e respaldando a libre elección dos pais para "decidir" se ous seus fillos se someten a estas probas.


Na mesma liña, varios centros educativos de distintos puntos de Galicia concentráronse durante a hora do recreo protestando contra as probas que se celebrarán entre o mércores e o venres.


Estas protestas estiveron convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que lle pediu unha vez máis aos pais que non envíen aos seus fillos a realizar as probas como método de protesta, ademais de recordar que hai convocada unha manifestación para o mércores diante da consellería de educación. 


Os portavoces da Plataforma reiteraron a súa "esixencia" de que se eliminen unha probas que "non aportan nada á mellora da calidade da ensinanza". 


Lois Uxío, vocal de Confapa-Galicia sinaou que a plataforma pretende"respaldar a decisión adoptada polas familias para non presentar aos seus fillos", contan con superar a abstención do 58% do alumnado que según indican se acadou hai un ano nas "reválidas" de 3º de primaria. 



relacionada A PGDEP eleva a presión contra as "reválidas" de primaria
relacionada Mini e Mero cantan na concentración contra as "reválidas" de primaria
relacionada ​Chaman á insumisión contra as "reválidas" de primaria
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE