Cerca de douscentos traballadores das ambulancias galegas tomaron este martes as rúas de Santiago, cunha manifestación dende a Praza Roxa ata a confederación de empresarios, que esixiu que se aceleren as negociacións do convenio colectivo para regular un "sector desrregulado" no que segundo denuncian "ata agora cada empresa facía o que lle parecía".


Inácio Pavón (CIG) denuncia que a patronal está "dilatando as negociacións" sen afrontar os problemas expostos polos traballadores, simplemente "para que pase o tempo" .


Neste senso, denuncian o papel que está xogando a empresa Ambuibérica como unha empresas que segue incumprindo os dereitos dos traballadores, "frenando" ademais a negociación dun convenio que afecta a total estimado duns 800 traballadores por toda Galicia.


Trátase dunha empresa con bases na área de Santiago, na Costa da Morte, Vigo e Baixo Miño, que ademais se fará "previsiblemente" este mesmo vernes cunha parte importante do servicio programado sacado a concurso.


Unha empresa que ten motivado xa varias concentracións e incluso unha convocatoria de folga para finais de mes, e que segundo denuncian os traballadores “aproveita” a desregularización do sector “para sacar beneficio”, mantendo bases por debaixo do mínimo esixible de persoal e forzando aos traballadores a traballar moitas máis horas das que lles corresponde.


Pero a manifestación de este martes iba moito máis alá de Ambuibérica nas súas reclamacións. Os traballadores esixen que se regule o uso dos contratos de prácticas no sector, denunciando que hai moitos traballadores cobrando o 60% do salario nun sector "cun nivel de responsabilidade" que para eles xustifa un salario que supere os "700 e pico euros". 

POWERED BY BIGPRESS