Dous homes permanecen ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) con queimaduras graves, mentres que se atenderon tamén numerosos casos por queimaduras leves durante a celebración do San Juan, segundo fontes hospitalarias.

En concreto, explicaron que, en comparación con outros anos, rexistraron un maior número de casos atendidos en Urxencias por queimaduras leves. "Con traslados en ambulancia ata as cinco da mañá", apuntaron. Pola contra, a atención médica no complexo hospitalario por casos de intoxicación etílica foi "pouca".

RESCATE ACUÁTICO

O rescate dun mozo no Orzán, na Coruña, ao redor das oito da mañá saldouse con varias persoas atendidas por síntomas de hipotermia despois de sacalo da auga. Os feitos producíronse cando xa pechara o operativo posto marcha na cidade herculina con motivo da celebración do San Juan e as fogueiras situadas nas praias coruñesas.

CADEA HUMANA

Inicialmente, foron dous policías os que se lanzaron á auga para rescatar o mozo. Ao ver que a auga arrastraba os axentes, sumáronse ao operativo membros de Protección Civil e o director da área de Seguridade do Concello da Coruña, Carlos García Touriñán, formando unha cadea humana que conseguiu finalmente sacar o mozo do mar.

O suceso saldouse co mozo detido e con dous policías no hospital, ademais do propio xefe de Seguridade do Concello da Coruña, con síntomas de hipotermia.


POUCOS INCIDENTES

Según distintos Corpos de Bombeiros das principais cidades galegas, non se produciron máis sucesos significativos durante a noite de San Xoán. Unicamente tiveron que sufocar algunha fogueira que quedara prendida entre as miles ques se colocaron en praias e rúas.



POWERED BY BIGPRESS