#Claves de la semana

Ingresan a dous homes con queimaduras graves e sacan un mozo do mar na Coruña

Dous policías e o xefe de Seguridade do Concello herculino tiveron que ser trasladados ao hospital con síntomas de hipotermia polo rescate acuático. Os servizos de Urxencias atenderon este ano máis queimaduras leves, pero menos intoxicacións etílicas


|

Dous homes permanecen ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) con queimaduras graves, mentres que se atenderon tamén numerosos casos por queimaduras leves durante a celebración do San Juan, segundo fontes hospitalarias.

En concreto, explicaron que, en comparación con outros anos, rexistraron un maior número de casos atendidos en Urxencias por queimaduras leves. "Con traslados en ambulancia ata as cinco da mañá", apuntaron. Pola contra, a atención médica no complexo hospitalario por casos de intoxicación etílica foi "pouca".

RESCATE ACUÁTICO

O rescate dun mozo no Orzán, na Coruña, ao redor das oito da mañá saldouse con varias persoas atendidas por síntomas de hipotermia despois de sacalo da auga. Os feitos producíronse cando xa pechara o operativo posto marcha na cidade herculina con motivo da celebración do San Juan e as fogueiras situadas nas praias coruñesas.

CADEA HUMANA

Inicialmente, foron dous policías os que se lanzaron á auga para rescatar o mozo. Ao ver que a auga arrastraba os axentes, sumáronse ao operativo membros de Protección Civil e o director da área de Seguridade do Concello da Coruña, Carlos García Touriñán, formando unha cadea humana que conseguiu finalmente sacar o mozo do mar.

O suceso saldouse co mozo detido e con dous policías no hospital, ademais do propio xefe de Seguridade do Concello da Coruña, con síntomas de hipotermia.


POUCOS INCIDENTES

Según distintos Corpos de Bombeiros das principais cidades galegas, non se produciron máis sucesos significativos durante a noite de San Xoán. Unicamente tiveron que sufocar algunha fogueira que quedara prendida entre as miles ques se colocaron en praias e rúas.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE