A xornada electoral comeza con "normalidade" en Galicia. Hay 3.981 mesas habilitadas nos 2.470 locais que este domingo abriron as súas portas con motivo das eleccións xerais.


Segundo destacou o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, na Radio Galega, "todo transcorre con normalidade" e só se rexistraron "pequenos atrasos" nalgunhas mesas porque "faltaba algún vogal", cuestións que xa foron liquidadas.


A Xunta Electoral deu o visto bo a que o colexio Fernández Latorre de A Coruña abra ata as 20,30 horas tras arrincar con atraso, segundo confirmaron fontes da Delegación do Goberno.


Este centro está situado na zona de Catro Camiños e o motivo do atraso na súa apertura foi a falta dun vogal.


A outra incidencia foi rexistrada nun colexio electoral da cidade de Lugo onde, segundo explicou, tivo que abrir a policía o local xa que a persoa encargada de facelo "quedou durmida". 


Así mesmo, o delegado do Goberno destacou o "amplo dispositivo de seguridade" habilitado en Galicia e composto por "máis de 7.000 efectivos" aos que agradeceu o traballo que desenvolven para garantir o dereito ao voto.


"Do mesmo xeito quero agradecer o labor de máis de 16.000 persoas que hoxe están a traballar en Galicia para que podamos exercer o dereito ao voto", asegurou antes de explicar que o dispositivo é "practicamente igual ao das eleccións do pasado mes de decembro".


Ademais, conforme sinalou, en Negreira unha mesa electoral foi constituída cun intérprete de signos, "tal e como fora solicitado".

POWERED BY BIGPRESS