#Claves de la semana

A xornada electoral comeza sen apenas incidencias en Galicia

Hay 3.981 mesas habilitadas nos 2.470 locais que este domingo abriron as súas portas con motivo das eleccións xerais.



|

Eleccions 1


A xornada electoral comeza con "normalidade" en Galicia. Hay 3.981 mesas habilitadas nos 2.470 locais que este domingo abriron as súas portas con motivo das eleccións xerais.


Segundo destacou o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, na Radio Galega, "todo transcorre con normalidade" e só se rexistraron "pequenos atrasos" nalgunhas mesas porque "faltaba algún vogal", cuestións que xa foron liquidadas.


A Xunta Electoral deu o visto bo a que o colexio Fernández Latorre de A Coruña abra ata as 20,30 horas tras arrincar con atraso, segundo confirmaron fontes da Delegación do Goberno.


Este centro está situado na zona de Catro Camiños e o motivo do atraso na súa apertura foi a falta dun vogal.


A outra incidencia foi rexistrada nun colexio electoral da cidade de Lugo onde, segundo explicou, tivo que abrir a policía o local xa que a persoa encargada de facelo "quedou durmida". 


Así mesmo, o delegado do Goberno destacou o "amplo dispositivo de seguridade" habilitado en Galicia e composto por "máis de 7.000 efectivos" aos que agradeceu o traballo que desenvolven para garantir o dereito ao voto.


"Do mesmo xeito quero agradecer o labor de máis de 16.000 persoas que hoxe están a traballar en Galicia para que podamos exercer o dereito ao voto", asegurou antes de explicar que o dispositivo é "practicamente igual ao das eleccións do pasado mes de decembro".


Ademais, conforme sinalou, en Negreira unha mesa electoral foi constituída cun intérprete de signos, "tal e como fora solicitado".

relacionada Un total de 2.258.131 galegos están chamados ás urnas neste 26X
relacionada Conoce cómo será la información que se dará en la jornada electoral de este domingo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE