#Claves de la semana

Un total de 2.258.131 galegos están chamados ás urnas neste 26X

Dos 443.566 emigrantes inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) só poderán exercer o seu dereito a voto ao redor dun 4,5 por cento (20.082).


|

Gallegos


Un total de 2.258.131 de galegos residentes en España poderán acudir ás urnas este domingo, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). O censo situaba en máis de 2,7 millóns os galegos chamados a votar, pero dos 443.566 emigrantes inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) só poderán exercer o seu dereito a voto ao redor dun 4,5 por cento (20.082).



En Galicia, para os comicios do 26 de xuño, Galicia conta con 2.258.131 residentes en territorio español, o que supón unha caída en 7.681 persoas con respecto ás eleccións do pasado 20 de decembro. Por provincias, a Coruña correspóndenlle 934.098 residentes en España; Pontevedra conta con 773.231; Ourense, con 266.077; e Lugo, 284.725.


Os residentes no estranxeiro con solicitude de voto por correo aceptada para o 26X caeron a 20.082, 2.471 menos que as 22.553 peticións rexistradas para as eleccións do 20D. Estes 20.082 integrantes da diáspora cuxo voto foi autorizado supoñen pouco máis do 4,5 por cento dos galegos inscritos no CERA (443.566).


A última reforma do voto emigrante para garantir "a súa limpeza" e a implantación do denominado voto rogado --os emigrantes deben pedir expresamente votar nos comicios para poder exercer o seu dereito-- reduciron de forma notable o peso do sufraxio exterior nos resultados definitivos dos comicios e neste 26J cae de novo.


Así, dos máis de 440.000 inscritos, os datos da Oficina Electoral do INE que recontan o voto por correo do CERA aceptado por provincia reflicten que se aceptaron 20.082 solicitudes de voto por correo --7.475 na Coruña, 2.602 en Lugo, 3.952 en Ourense e 6.053 en Pontevedra--.


Un total de 72.720 electores censados en Galicia --28.598 na Coruña, 9.885 en Lugo, 10.556 en Ourense e 23.681 en Pontevedra-- exerceron o seu dereito ao voto por correo.


MESAS ELECTORAIS


Nos 314 municipios galegos constituiranse un total de 3.984 mesas electorais repartidas por toda comunidade, dez menos que no 20D. Delas, 1.537 estarán na Coruña; 557 en Lugo; 548 en Ourense; e 1.342, en Pontevedra.


En Galicia repártense un total de 23 escanos no Congreso --sete en Pontevedra, oito na Coruña, catro en Lugo e outros catro en Ourense-- e 16 senadores.



relacionada Conoce cómo será la información que se dará en la jornada electoral de este domingo
relacionada Las elecciones, los espías y el "pájaro está en el nido"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE