Un incendio forestal rexistrado na parroquia de Paradela, do concello coruñés de Toques, tivo esta noite mobilizados os efectivos da loita contra incendios. O lume iniciouse esta madrugada ás 2:12 horas e quedou finalmente extinguido ás 08:20 horas desta mañá.


Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 25,5 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 axente, 2 brigadas e 1 motobomba. Aínda se investigan as causas do lume, pero a hora á que comezou parece sinalar que foi provocado.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. 

POWERED BY BIGPRESS