#Claves de la semana

​Extinguido de madrugada un incendio no concello de Toques

A tres días de que comece a campaña contra incendios, o lume levou por diante hoxe máis de 25 hectáreas de monte raso.


|

Incendiotoques


Un incendio forestal rexistrado na parroquia de Paradela, do concello coruñés de Toques, tivo esta noite mobilizados os efectivos da loita contra incendios. O lume iniciouse esta madrugada ás 2:12 horas e quedou finalmente extinguido ás 08:20 horas desta mañá.


Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 25,5 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 axente, 2 brigadas e 1 motobomba. Aínda se investigan as causas do lume, pero a hora á que comezou parece sinalar que foi provocado.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE