A Escola de Altos Estudos Musicais recibiu este ano o maior número de candidatos da súa traxectoria para o curso de Especialización Instrumental, que se dirixe a estudantes de música de grao medio ou superior.


Ás probas de selección das diferentes especialidades presentouse un bo número de candidatos. Segundo os datos aportados pola Escola, “esta foi a convocatoria máis exitosa de todas as realizadas ata o momento”.


“Acudiron máis músicos que en outras ocasións e, ademais, cunha calidade moito máis elevada para cada unha das especialidades ofertadas” -apuntan os responsables de formación do centro-. Nesta liña, na Escola destacan o caso das cordas, onde sempre adoita haber un déficit de candidatos. Pero nesta ocasión superáronse todas as expectativas, o que indica, segundo aseguran dende a EAEM, que “a formación musical está a mellorar e o resultado son novos músicos cun nivel excepcional”.


O curso consiste en 15 horas de clase individual repartidas ao longo do curso, a participación en actividades de práctica de conxunto e concertos públicos. As especialidades son: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

POWERED BY BIGPRESS