#Claves de la semana

​Hai canteira de músicos novos "cun nivel excepcional"

A Escola de Altos Estudos Musicais recibiu este ano o maior número de candidatos da súa traxectoria para o curso de Especialización Instrumental e, ademais, "cunha calidade moito máis elevada".


|

Escolaaltosestudosmusicaismsicainstrumentos

A Escola de Altos Estudos Musicais recibiu este ano o maior número de candidatos da súa traxectoria para o curso de Especialización Instrumental, que se dirixe a estudantes de música de grao medio ou superior.


Ás probas de selección das diferentes especialidades presentouse un bo número de candidatos. Segundo os datos aportados pola Escola, “esta foi a convocatoria máis exitosa de todas as realizadas ata o momento”.


“Acudiron máis músicos que en outras ocasións e, ademais, cunha calidade moito máis elevada para cada unha das especialidades ofertadas” -apuntan os responsables de formación do centro-. Nesta liña, na Escola destacan o caso das cordas, onde sempre adoita haber un déficit de candidatos. Pero nesta ocasión superáronse todas as expectativas, o que indica, segundo aseguran dende a EAEM, que “a formación musical está a mellorar e o resultado son novos músicos cun nivel excepcional”.


O curso consiste en 15 horas de clase individual repartidas ao longo do curso, a participación en actividades de práctica de conxunto e concertos públicos. As especialidades son: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

relacionada La Real Filharmonía lleva a Ferrol la música del hijo de Bach
relacionada Música, poesía e ilustración, nunha nova ‘resaca’ adiantada das letras galegas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE