A organización de produtores ULEGA rexeita "de plano" o modelo de contrato proposto pola firma Lactalis, que non ten en conta "os custes de produción", baseándose unicamente no histórico de pagos das industrias. Segundo a organización, este sistema permítelle ser "xuíz e parte" e, polo tanto, "promover baixadas unilaterais no prezo do leite".


A Unión Leiteira Galega denuncia que, debido as prácticas de Lactalis, as máis de 1.000 explotación nas que rexe o seu contrato viron perder un céntimo na última revisión pasando dunha media de 27 cts a 26 cts. Consideran que esta situación é "ilegal e inxusta", porlo que están a valorar o inicio de accións legais contra a empresa.


A organización de produtores confía en que se poida botar a andar en breve "un novo modo de traballo acordado entre produtores e industrias no que non resulte tan sinxelo adulterar a resultante da ecuación para as empresas que recollen moito leite".


Tanto ULEGA como o sindicato Unións Agrarias, segundo defende nun comunicado, veñen facendo un "labor de marcaxe do cumprimento do Acordo Lácteo" que desembocou hai unhas semanas na auditoría que o organismo de control está a trasladar as granxas para "coñecer o trato recibido polos produtores no momento de asinar contratos coas industrias".


ULEGA pide "maior vontade de control" e coordinación ás administracións para que os gandeiros "non teñan que arranxar as contas de resultados das industrias a costa da ruína das súas explotacións".

POWERED BY BIGPRESS