#Claves de la semana

​Produtores leiteiros rexeitan o contrato proposto por Lactalis

A organización ULEGA critica que as cláusulas permiten á empresa baixadas unilaterais do prezo.


|

Vacas 17


A organización de produtores ULEGA rexeita "de plano" o modelo de contrato proposto pola firma Lactalis, que non ten en conta "os custes de produción", baseándose unicamente no histórico de pagos das industrias. Segundo a organización, este sistema permítelle ser "xuíz e parte" e, polo tanto, "promover baixadas unilaterais no prezo do leite".


A Unión Leiteira Galega denuncia que, debido as prácticas de Lactalis, as máis de 1.000 explotación nas que rexe o seu contrato viron perder un céntimo na última revisión pasando dunha media de 27 cts a 26 cts. Consideran que esta situación é "ilegal e inxusta", porlo que están a valorar o inicio de accións legais contra a empresa.


A organización de produtores confía en que se poida botar a andar en breve "un novo modo de traballo acordado entre produtores e industrias no que non resulte tan sinxelo adulterar a resultante da ecuación para as empresas que recollen moito leite".


Tanto ULEGA como o sindicato Unións Agrarias, segundo defende nun comunicado, veñen facendo un "labor de marcaxe do cumprimento do Acordo Lácteo" que desembocou hai unhas semanas na auditoría que o organismo de control está a trasladar as granxas para "coñecer o trato recibido polos produtores no momento de asinar contratos coas industrias".


ULEGA pide "maior vontade de control" e coordinación ás administracións para que os gandeiros "non teñan que arranxar as contas de resultados das industrias a costa da ruína das súas explotacións".

relacionada O Sindicato Labrego detalla as súas reclamacións para o sector leiteiro
relacionada ​Forzan a retirada de cartóns de leite a 20 céntimos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE