Pione Sisto chega ao Celta. //Foto: @LigaSphera twitter


O dinamarqués Pione Sisto converterase na cuarta fichaxe do Celta para a próxima tempada se supera o recoñecemento médico ao que será sometido nas vindeiras horas. O acordo está pechado, segundo apuntan distintos medios, tanto co xogador coma co club de procedencia, o Midtjylland, que compite na máxima categoría dinamarquesa.

Pione chega a Vigo en propiedade por uns 5 millóns de euros e co aval da súa centena de partidos en primeira e con certa experiencia na Europa League.

O futbolista de 21 anos xoga habitualmente como extremo esquerdo, pero tamén se desenvolve a banda cambiada. Está planeado que se presente este sábado en Balaídos e o domingo viaxe co equipo a Italia, onde o Celta vai xogar catro amigables.

O Celta xa ten fichados a Roncaglia (Fiorentina), Álvaro Lemos (Lugo) e José Naranjo (Nástic).

POWERED BY BIGPRESS