#Claves de la semana

​O Celta incorpora o extremo Pione Sisto

A cuarta incorporación deste verán chega en propiedade por uns 5 millóns. Ten só 21 anos, pero conta con experiencia na Europa League.


|

Pionesisto2

Pione Sisto chega ao Celta. //Foto: @LigaSphera twitter


O dinamarqués Pione Sisto converterase na cuarta fichaxe do Celta para a próxima tempada se supera o recoñecemento médico ao que será sometido nas vindeiras horas. O acordo está pechado, segundo apuntan distintos medios, tanto co xogador coma co club de procedencia, o Midtjylland, que compite na máxima categoría dinamarquesa.

Pione chega a Vigo en propiedade por uns 5 millóns de euros e co aval da súa centena de partidos en primeira e con certa experiencia na Europa League.

O futbolista de 21 anos xoga habitualmente como extremo esquerdo, pero tamén se desenvolve a banda cambiada. Está planeado que se presente este sábado en Balaídos e o domingo viaxe co equipo a Italia, onde o Celta vai xogar catro amigables.

O Celta xa ten fichados a Roncaglia (Fiorentina), Álvaro Lemos (Lugo) e José Naranjo (Nástic).

relacionada ​A AFA pensa en Berizzo como seleccionador de Arxentina
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE