Selección feminina de rugby. //Foto: @rtve twitter


Os deportistas galegos non comezaron os xogos de Río con moi boa fortuna. A selección española feminina de rugby 7, na que xogan Vanesa Rial e Paula Medin, debutou este sábado cunha derrota por 7-24 ante Francia, nun partido no que foron sempre por detrás no marcador. O próximo rival, Nova Zelandia.

Por outra parte, o equipo español masculino de tiro con arco quedou eliminado despois de caer fronte a Holanda por 5-1 na eliminatoria de oitavos de final. Os tres arqueiros teñen outra oportunidade na competición individual. O galego Miguel Alvariño medirase o martes contra o francés Daniel Lucas.

NATACIÓN

A ribeiresa María Vilas caeu eliminada na primeira ronda dos 400 estilos, unha proba na que non acaba de despuntar, a pesar de ter o récord galego. A nadadora saiu segunda da viraxe de bolboreta, pero os 100 metros de espalda fixéronlle perder posicións que non foi quen de recuperar.  


Nos 800 libres, cuxas series son o xoves, ten máis posibilidades de meterse na final se rinde ao seu máximo nivel.

POWERED BY BIGPRESS