#Claves de la semana

​Día regular para os deportistas galegos en Río

En rugby feminino perderon o primeiro encontro e o combinado de tiro con arco caeu na eliminatoria ante Holanda. María Vilas tampouco pasa á final dos 400 estilos.


|

Rugbyjjoo

Selección feminina de rugby. //Foto: @rtve twitter


Os deportistas galegos non comezaron os xogos de Río con moi boa fortuna. A selección española feminina de rugby 7, na que xogan Vanesa Rial e Paula Medin, debutou este sábado cunha derrota por 7-24 ante Francia, nun partido no que foron sempre por detrás no marcador. O próximo rival, Nova Zelandia.

Por outra parte, o equipo español masculino de tiro con arco quedou eliminado despois de caer fronte a Holanda por 5-1 na eliminatoria de oitavos de final. Os tres arqueiros teñen outra oportunidade na competición individual. O galego Miguel Alvariño medirase o martes contra o francés Daniel Lucas.

NATACIÓN

A ribeiresa María Vilas caeu eliminada na primeira ronda dos 400 estilos, unha proba na que non acaba de despuntar, a pesar de ter o récord galego. A nadadora saiu segunda da viraxe de bolboreta, pero os 100 metros de espalda fixéronlle perder posicións que non foi quen de recuperar.  


Nos 800 libres, cuxas series son o xoves, ten máis posibilidades de meterse na final se rinde ao seu máximo nivel.

relacionada ​Xa se estreou a participación galega nos Xogos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE