Praia da Lanzada. //Foto: turismo.gal


Os socorristas da praia da Lanzada, en Pontevedra, sacaron este venres da auga a unha persoa inconsciente, segundo informa o 112, que apunta que foi evacuada de urxencia.

Ocorreu uns minutos antes das 19,00 horas, na parte o areal que linda co vello sanatorio. A persoa perdeu o coñecemento pero mantiña activas as constantes vitais, segundo indicaron os membros do servizo de vixilancia. O 112 deu aviso aos profesionais de Urxencias Médicas, que, pouco despois, confirmaron que a persoa foi trasladada ao Hospital Montecelo de Pontevedra.

RESCATE EN RIAZOR

Tamén na tarde deste venres, na praia de Riazor, na Coruña, os socorristas rescataron a unha persoa de avanzada idade que sufría convulsións. Sucedeu sobre as 13,00 horas na zona das Escravas e finalmente, a persoa foi trasladada consciente por Urxencias Médicas.

POWERED BY BIGPRESS