#Claves de la semana

​Os socorristas salvan a dúas persoas na Lanzada e Riazor

Ambas foron evacuadas ao hospital, consciente no segundo caso e inconsciente no primeiro, pero que mantiña as constantes vitais.


|


Lanzada

Praia da Lanzada. //Foto: turismo.gal


Os socorristas da praia da Lanzada, en Pontevedra, sacaron este venres da auga a unha persoa inconsciente, segundo informa o 112, que apunta que foi evacuada de urxencia.

Ocorreu uns minutos antes das 19,00 horas, na parte o areal que linda co vello sanatorio. A persoa perdeu o coñecemento pero mantiña activas as constantes vitais, segundo indicaron os membros do servizo de vixilancia. O 112 deu aviso aos profesionais de Urxencias Médicas, que, pouco despois, confirmaron que a persoa foi trasladada ao Hospital Montecelo de Pontevedra.

RESCATE EN RIAZOR

Tamén na tarde deste venres, na praia de Riazor, na Coruña, os socorristas rescataron a unha persoa de avanzada idade que sufría convulsións. Sucedeu sobre as 13,00 horas na zona das Escravas e finalmente, a persoa foi trasladada consciente por Urxencias Médicas.

relacionada ​"Cifras dramáticas" de ahogados
relacionada ​AGE propón obrigar a que todas as praias teñan socorristas no verán
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE