O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou, durante a Xunta Directiva do PP de Ourense para a presentación da candidatura, que “a maioría de galegos que queren un goberno estable" que non estea en permanente "confrontación e autodenuncia", en clara alusión ás leas que estes días afectan ó PSdeG dende os cambios nas listas do partido. Ademais, engadiu que os socialistas están tentando evitar "fugas", un comentario que podería facer alusión a Abel Caballero indican dende Galicia Confidencial. 


Do mesmo modo, subliñou que se sinte orgulloso de que non haxa ningún compañeiro mirando de reollo a outro, nin persoas pedindo que organicen as listas desde Madrid ou perdendo o tempo en “puentearse” uns aos outros.


Do mesmo xeito, Feijóo dixo que “os populares tamén son a única papeleta para evitar que a suma de catro ou cinco partidos" que, dixo, "desgobernarían" o país. 


Feijóo precisou tamén que “os populares teñen unha dobre certeza que os empuxa: a de que van gañar e a de que hai unha maioría que quere que gañen e que gobernen”.


Malia isto, advertiu que “non será suficiente se esa maioría non se manifesta nas urnas”, e pediu o apoio para que “Galicia vaia para adiante”.


DENDE GALICIA


O presidente galego dixo sentirse “orgulloso de encabezar a lista do único proxecto que sente Galicia, que pensa en Galicia e que fai esta campaña desde Galicia”.



POWERED BY BIGPRESS