Guiseppe Rossi pecha a súa incorporación. //Fonte: RC Celta


O mediapunta Giuseppe Rossi pechou esta mañá a súa incorporación ao RC Celta tras asinar o seu contrato coa entidade celeste, dunha tempada máis outra opcional. Segundo informa o club na súa web, o internacional italiano incorporarase mañá aos adestramentos na Madroa e será presentado no estadio de Balaídos este mesmo martes ás 20.30 horas.


Rossi é un xogador que "deixou unha pegada indeleble no fútbol español, onde exhibiu, tanto no Vilarreal como recentemente no Levante, unha enorme capacidade goleadora e un gran talento no cento oitenta encontros que disputou en Primeira División", recolle o comunicado do club.



O atacante chega ao RC Celta para enriquecer a liña ofensiva do equipo vigués con experiencia, tanto en España como a nivel internacional, "desequilibrio, visión de xogo e gol".

POWERED BY BIGPRESS