#Claves de la semana

​Giuseppe Rossi asina co Celta

O contrato contempla unha tempada máis outra como opción. O internacional italiano incorpórase mañá aos adestramentos.


|

Giusepperossicelta

Guiseppe Rossi pecha a súa incorporación. //Fonte: RC Celta


O mediapunta Giuseppe Rossi pechou esta mañá a súa incorporación ao RC Celta tras asinar o seu contrato coa entidade celeste, dunha tempada máis outra opcional. Segundo informa o club na súa web, o internacional italiano incorporarase mañá aos adestramentos na Madroa e será presentado no estadio de Balaídos este mesmo martes ás 20.30 horas.


Rossi é un xogador que "deixou unha pegada indeleble no fútbol español, onde exhibiu, tanto no Vilarreal como recentemente no Levante, unha enorme capacidade goleadora e un gran talento no cento oitenta encontros que disputou en Primeira División", recolle o comunicado do club.



O atacante chega ao RC Celta para enriquecer a liña ofensiva do equipo vigués con experiencia, tanto en España como a nivel internacional, "desequilibrio, visión de xogo e gol".

relacionada O Real Madrid derrota 2-1 ao Celta no Bernabéu
relacionada O Celta xa coñece os rivais na Europa League
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE