A asociación Anasbabi, en colaboración co Concello de Lugo e a Deputación de Lugo, informou este xoves da convocatoria dun abrazo solidario o próximo 7 de setembro ás 17,00 horas en Lugo ao redor da muralla romana.


Esta organización de persoas con enfermidades raras e ultra-raras pretende dar visibilidade a este tipo de patoloxías cun xesto como o abrazo, segundo explicou o presidente, José Carlos Pumar, acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos.


Pumar detallou que tratarán de reunir a máis de 1.800 persoas para formar unha cadea humana ao redor das inmediacións do monumento romano.


Ese mesmo día haberá unha carpa informativa no Concello de Lugo onde se poderá a disposición da xente as entradas para o Festival Solidario.


Para finalizar esta xira solidaria, o día 15 de setembro haberá unhas xornadas no HULA a media mañá para concienciar á xente sobre a necesidade de investigar este tipo de enfermidades. Pola tarde, os participantes poderán gozar do Festival Solidario no que participarán grupos como: M Carballo Band, NIVEL ou a Brincadeira Folk.



POWERED BY BIGPRESS