#Claves de la semana

1.800 persoas abrazaranse á muralla de Lugo para concienciar sobre enfermidades raras

Ese é un dos actos cos que a asociación Anasbabi programou, co apoio da Deputación e do Concello, para dar visibilidade ás enfermidades raras e ultra-raras.


|

Murallalugo2


A asociación Anasbabi, en colaboración co Concello de Lugo e a Deputación de Lugo, informou este xoves da convocatoria dun abrazo solidario o próximo 7 de setembro ás 17,00 horas en Lugo ao redor da muralla romana.


Esta organización de persoas con enfermidades raras e ultra-raras pretende dar visibilidade a este tipo de patoloxías cun xesto como o abrazo, segundo explicou o presidente, José Carlos Pumar, acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos.


Pumar detallou que tratarán de reunir a máis de 1.800 persoas para formar unha cadea humana ao redor das inmediacións do monumento romano.


Ese mesmo día haberá unha carpa informativa no Concello de Lugo onde se poderá a disposición da xente as entradas para o Festival Solidario.


Para finalizar esta xira solidaria, o día 15 de setembro haberá unhas xornadas no HULA a media mañá para concienciar á xente sobre a necesidade de investigar este tipo de enfermidades. Pola tarde, os participantes poderán gozar do Festival Solidario no que participarán grupos como: M Carballo Band, NIVEL ou a Brincadeira Folk.



relacionada ​La diabetes aumenta el riesgo de fallecer por cáncer y otras enfermedades
relacionada Un gran abrazo reivindica los usos sanitarios del Xeral
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE