Dende En Marea informan que a sentenza da sala 1 do contencioso número 1 dos Xulgados de Ourense desestimou a demanda presentada pola formación popular contra a candidatura de En Marea e declarou ao alcalde de Manzaneda elixible.


Onte pola tarde coñeciamos a noticia da impugnación presentada polo Partido Popular relativa á candidatura de En Marea pola provincia de Ourense. Os popuares consideraban que o número dous da lista, o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, non podía formar parte da lista ao entender que a súa renuncia á alcaldía non fora aceptada en prazo polo pleno.


Dende a formación morada informan de que, na súa defensa, a letrada alegou que "toda a xurisprudencia consolidada indica que a renuncia deberá formularse antes da presentación da candidatura tal e como fixo Davide o 19 de agosto de 2016. A partir de aí o pleno tomou coñecemento da súa renuncia o día 29 de agosto. Como a publicación definitiva das candidaturas prodúcese o día 30 entendemos que a demanda non ten percorrido xurídico".


RÉDITO ELECTORAL


En Marea acusa ao PP de Ourense de "tratar de enturbiar o debate político con consideracións xurídicas que non teñen fundamento en dereito para pretender tirar rédito electoral". 

POWERED BY BIGPRESS