En Marea vén de desmentir calquera tipo de vínculo coa a caricatura de Feijóo 'aforcado' que lles foi atribuída por OK Diario. Nunha información titulada 'Podemos inicia la precampaña gallega ahorcando a Feijóo', o dixital de Eduardo Indra difundía unha imaxe na que se pode ver a caricatura de Núñez Feijóo "aforcado" co logotipo de En Marea. Dende o medio aseguraban que a imaxe fora a elixida por En Marea para presentar a súa "nova imaxe política".
Miguel Tellado publicaba un chío esta mañá para censurar esta acción e pedir desculpas do candidato á Xunta de En Marea, Luis Villares.
Pola súa parte, En Marea negou calquera tipo de vínculo con tan controvertida imaxe e afirmou que lles parece "de mal gusto" a dita caricatura. Ademais, a formación pedía "prudencia" á hora de realizar "montaxes humorísticas" argumentando que "non todo vale en campaña".