Un traballador faleceu este venres no municipio ourensán de Maceda tras sufrir un accidente co tractor con maquinaria que manexaba mentres rozaba unha zona de monte.


Segundo informou o 112 Galicia, o falecido manexaba un tractor con maquinaria que envorcou e quedou atrapado no interior. O home traballaba nunha zona de difícil acceso entre Pías e o Monte de Castro de Escuadro, no lugar da Teixeira, en Maceda.


Un compañeiro chamou ao 112 Galicia sobre as 9,00 horas para avisar do sucedido tras o que se puxo en marcha un operativo no que participou o servizo de Protección Civil da localidade, os axentes da Garda Civil e profesionais de Urxencias Sanitarias.


Así mesmo, foron informados os voluntarios de Protección Civil de Baños de Molgas e os Bombeiros de Ourense.


ELEVADA SINIESTRALIDADE 


Este accidente súmase aos acontecido durante este verán, e activa a alerta de novo sobre a elevada siniestralidade con esta maquinaria. Tres de cada dez sinistros mortais con esta maquinaria prodúcense en estradas galegas, xeralmente ao envorcar o tractor, e máis da metade destes vehículos agrarios galegos supera os 20 anos.


POWERED BY BIGPRESS