Ata trinta técnicos traballan dende primeiras horas desta mañá para comprobar se todos os sistemas da infraestrutura e do material rodante do Tren Celta sinistrado no Porriño funcionaron. A investigación abranguerá aspectos coma o encravamento, ou a eficacia dos freos, e esperan que axude a despexar a maior incógnita do accidente que segue a ser por que se producíu o exceso de velocidade, seis veces superior ao límite de 30 quilómetros por hora permitido nese treito pola existencia de traballos na vía. 


Os especialistas que traballan nestas labouras son técnicos de Adif, Renfe e Comboios de Portugal, a maior parte dos cales se atopan situados á altura da ponte e da zona de cambio de agulla. A intención é tamén retirar os restos do Tren Celta que aínda esatan presentes na vía para levalos ata os talleres de Renfe en Redondela.


Estas operacións son parte da investigación do descarrilamento e están autorizadas polo Xulgado de Instrucción número 2 de O Porriño que leva a investigación. Hoxe o Ministro de Fomento en funcións, Rafael Catalá, explicaba que o informe tardará entre 6 e 9 meses en ver a luz, aínda que non descartaba que haxa outro informe preliminar a dous meses vista. 

POWERED BY BIGPRESS