A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, asinou un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano para contribuír ao financiamento do 'Programa Promociona', unha iniciativa que ten como obxectivo reducir o abandono escolar neste colectivo.


Ao amparo do convenio subscrito entre ambas as entidades, Política Social outorgará 35.000 euros para a posta en marcha deste programa destinado ao apoio de escolares de etnia xitana e das súas familias.


O obxectivo pasa por alcanzar taxas máis elevadas de éxito académico a través da normalización educativa do alumnado xitano durante a etapa de escolarización obrigatoria, xa que, segundo explicou Rey Varela, "para que os cidadáns teñan as mesmas oportunidades é necesario que teñan o mesmo nivel de formación".




POWERED BY BIGPRESS