#Claves de la semana

A Xunta porá en marcha un programa para reducir o abandono escolar do alumnado xitano

O obxectivo pasa por alcanzar taxas máis elevadas de éxito académico a través da normalización educativa do alumnado xitano durante a etapa de escolarización obrigatoria. 


|



Alumnadogitano


A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, asinou un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano para contribuír ao financiamento do 'Programa Promociona', unha iniciativa que ten como obxectivo reducir o abandono escolar neste colectivo.


Ao amparo do convenio subscrito entre ambas as entidades, Política Social outorgará 35.000 euros para a posta en marcha deste programa destinado ao apoio de escolares de etnia xitana e das súas familias.


O obxectivo pasa por alcanzar taxas máis elevadas de éxito académico a través da normalización educativa do alumnado xitano durante a etapa de escolarización obrigatoria, xa que, segundo explicou Rey Varela, "para que os cidadáns teñan as mesmas oportunidades é necesario que teñan o mesmo nivel de formación".




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE