Francisco Cortegoso (Frank Euner) faleceu hoxe na súa casa de Bora (Pontevedra), o mesmo día en que chega ás librarías a súa última obra, o poemario Suicidas. O escritor levaba meses de loita contra unha enfermidade, informan desde Chan da Pólvora.


Nunha emotiva mensaxe en Facebook, a editora afirma que Cortegoso traballou arreo nas últimas semanas aínda para lle pór o ramo ao libro Suicidas, que finalmente chegou hoxe ás librarías.



Cortegoso estudara Filoloxía Galega e deuse a coñecer como poeta en 2008 na Revista das Letras de Galicia Hoxe con "Ningún home". En 2013 gañou o Premio de poesía Pérez Parallé co poemario Memorial & Danza. Hoxe vén de publicarse Suicidas, o seu primeiro poemario.

POWERED BY BIGPRESS