#Claves de la semana

Falece Frank Euner o mesmo día que chega ás librarías o seu poemario 'Suicidas'

O escritor levaba meses de loita contra unha enfermidade, informan desde Chan da Pólvora.


|

Frankeunersuicidas


Francisco Cortegoso (Frank Euner) faleceu hoxe na súa casa de Bora (Pontevedra), o mesmo día en que chega ás librarías a súa última obra, o poemario Suicidas. O escritor levaba meses de loita contra unha enfermidade, informan desde Chan da Pólvora.


Nunha emotiva mensaxe en Facebook, a editora afirma que Cortegoso traballou arreo nas últimas semanas aínda para lle pór o ramo ao libro Suicidas, que finalmente chegou hoxe ás librarías.



Cortegoso estudara Filoloxía Galega e deuse a coñecer como poeta en 2008 na Revista das Letras de Galicia Hoxe con "Ningún home". En 2013 gañou o Premio de poesía Pérez Parallé co poemario Memorial & Danza. Hoxe vén de publicarse Suicidas, o seu primeiro poemario.

relacionada ​La periodista Raquel Campos Pico recibe el premio 'Manuel Reimóndez Portela'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE