A compañía eléctrica Iberdrola vén de ampliar o contrato que asinara en setembro con Navantia Fene para a fabricación de 34 ‘jackets’, destinadas ao parque eólico mariño ‘East Anglia One’, con 8 estruturas máis. En total, serán 42 as novas ‘jackets’ que Navantia construirá para o recinto de eólica mariña escocés. Así o informa hoxe o xornal La Voz de Galicia na súa edición Ferrol.


O mesmo diario informa que, polo momento, descoñécese o impacto que esta nova adxudicación poida ter sobre o emprego ou se suporá unha ampliación do investimento, que se cifrou cando as compañías asinaron o contrato en 120 millóns de euros, que xerarían unha carga de traballo de 850.000 horas e unha ocupación media para entre 600 e 700 operarios, con picos de ata 1.300.


'East Anglia One' será un dos parques eólicos mariños máis grandes do mundo cando entre en funcionamento, no ano 2020, grazas a unha capacidade instalada de 714 MW. Trátase do maior proxecto renovable desenvolvido por unha empresa española na historia, cun investimento de 2.500 millóns de libras.

POWERED BY BIGPRESS