Iberdrola eleva a 42 as novas ‘jackets’ contratadas a Navantia
Descoñécese o impacto que esta nova adxudicación poderá ter sobre o emprego ou se suporá unha ampliación do investimento.

A compañía eléctrica Iberdrola vén de ampliar o contrato que asinara en setembro con Navantia Fene para a fabricación de 34 ‘jackets’, destinadas ao parque eólico mariño ‘East Anglia One’, con 8 estruturas máis. En total, serán 42 as novas ‘jackets’ que Navantia construirá para o recinto de eólica mariña escocés. Así o informa hoxe o xornal La Voz de Galicia na súa edición Ferrol.
O mesmo diario informa que, polo momento, descoñécese o impacto que esta nova adxudicación poida ter sobre o emprego ou se suporá unha ampliación do investimento, que se cifrou cando as compañías asinaron o contrato en 120 millóns de euros, que xerarían unha carga de traballo de 850.000 horas e unha ocupación media para entre 600 e 700 operarios, con picos de ata 1.300.
'East Anglia One' será un dos parques eólicos mariños máis grandes do mundo cando entre en funcionamento, no ano 2020, grazas a unha capacidade instalada de 714 MW. Trátase do maior proxecto renovable desenvolvido por unha empresa española na historia, cun investimento de 2.500 millóns de libras.
Iberdrola asina novo contrato con Navantia para a construción de 34 jackets
Escribe tu comentario