Iberdrola asina novo contrato con Navantia para a construción de 34 jackets

|

Navantiaiberdrolasinatura


Os presidentes de Navantia e Iberdrola, José Manuel Revolta e José Ignacio Sánchez Galán, respectivamente, ante a presenza do presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, asinaron na tarde deste mércores o contrato que vincula a ambas as compañías e que supón a adxudicación á empresa naval pública e ao seu socio Windar, un contrato para materializar a construción de 34 'jackets' destinados ao parque eólico mariño 'East Anglia One', que desenvolve a compañía eléctrica española en augas do nordés de Escocia.


Dita obra materializarase nas instalacións que Navantia ten en Fene (A Coruña) e supoñerá un investimento superior aos 120 millóns de euros, que xerarán unha carga de traballo dunhas 850.000 horas e unha ocupación media para entre 600 e 700 operarios, con picos que poden chegar aos 1.300 traballadores.


Nun acto desenvolvido no Museo da Construción Naval de Ferrol, que xestiona a Fundación Exponav, Feijóo destacou "a recuperación progresiva do sector naval ferrolán, consolidándose ademas coa súa diversificación" e que, "froito dun inconformismo construtivo que non se limita a resignarse, senón que actúa e negocia, creando as condicións idóneas para que investir en Ferrol sexa atractivo".


COMPETITIVIDADE


Pola súa banda, o presidente de Iberdrola, José Ignacio Sánchez Galán, asegurou que, "grazas á calidade do traballo realizado", en Navantia para o proxecto Wikinger, xa executado desde as instalacións da antiga Astano, "e á experiencia e o coñecemento adquiridos na construción das súas estruturas, satisfainos anunciar unha nova adxudicación a Navantia".


José Manuel Revolta, presidente de Navantia, sinalou que "este contrato consolida a Navantia como referente no sector eólico", dando, ademais, "continuidade á súa presenza no mesmo" e reiterando a súa confianza en poder "incrementar a participación neste proxecto, aumentando o número de jackets a construír en Fene e coa consecución do contrato para construír a subestación deste parque eólico".


CRÍTICAS DE ALCALDES


Presentes nesta acto tamén estiveron o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), e de Fene, Juventino Trigo (BNG). Ambos saudaron " a materialización deste contrato para o estaleiro da ría de Ferrol, pero tamén aproveitaron a súa presenza para nunha posterior comparecencia ante os medios de comunicación criticar que este acto de firma prodúzase a escasos días das eleccións autonómicas.


Así, Suárez asegurou e comparou a Núñez Feijóo con "o señor lobo de Pulp Fictión, cando chega un coche con dous cadáveres e en vinte minutos solucionamos todo, poñendo unhas sabas limpas"


"Non hai ningún problema, os 5.000 empregados que perderon o seu posto de traballo no sector naval non existen, o mesmo que a falta dun plan industrial ou a explotación que vive a industria auxiliar non existe, e o que se existe é unha campaña que oxalá durase todo o ano porque así teriamos hospitais, residencias e escolas", remarcou.


Pola súa banda, Trigo reclamou "eleccións cada seis meses, porque parece que é a única forma de que alguén se preocupe pola situación dos estaleiros"


'East Anglia One' será un dos parques eólicos mariños máis grandes do mundo cando entre en funcionamento, no ano 2020, grazas a unha capacidade instalada de 714 MW. Trátase do maior proxecto renovable desenvolvido por unha empresa española na historia, cun investimento de 2.500 millóns de libras.


relacionada ​Iberdrola adjudica un nuevo pedido de piezas eólicas para Navantia Fene
relacionada ​Villares censura o "clásico anuncio" de Feijóo sobre Navantia en época electoral

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress