O colectivo Agromuralla considera que a suba do prezo do leite, que repuntou ultimamente ata unha media de 28 céntimos por litro, "é algo coxuntural propio do inverno, época na que sobe o prezo pero chegada a primavera sempre volven baixar".

Así o expresan nun comunicado, no que inciden en que "tamén son moitos os gandeiros que non se benefician deste repunte, posto que teñen contrato asinado ata xaneiro ou febreiro do 2017 e o prezo establecido neles foino á baixa". Se ben estes contratos poderíanse modificar de común acordo, non ven "vontade por parte das industrias lácteas".

Polo tanto, a pesar das subas de prezos que tamén inclúen a manteiga e o leite en pó, sosteñen que o seu efecto "non se está notando nas granxas en gran medida". Por iso, aínda que os movementos do mercado "son acollidos con alegría", desde Agromuralla cren que "non ofrecen moita esperanza" e que hai que agardar para ver "cómo segue evoluncionando o mercado".

Recordan, ademáis, que os 28 céntimos por litro aínda non alcanzan os "32 que se estiman como media dos custos de produción, nin os 34 que se estiman para obter un beneficio mínimo".

POWERED BY BIGPRESS