​O repunte do prezo do leite non chega a boa parte dos gandeiros

O colectivo Agromuralla acolle o aumento con alegría, pero sen demasiada esperanza, pois considérano conxuntural.


|

Vacasleiteiras


O colectivo Agromuralla considera que a suba do prezo do leite, que repuntou ultimamente ata unha media de 28 céntimos por litro, "é algo coxuntural propio do inverno, época na que sobe o prezo pero chegada a primavera sempre volven baixar".

Así o expresan nun comunicado, no que inciden en que "tamén son moitos os gandeiros que non se benefician deste repunte, posto que teñen contrato asinado ata xaneiro ou febreiro do 2017 e o prezo establecido neles foino á baixa". Se ben estes contratos poderíanse modificar de común acordo, non ven "vontade por parte das industrias lácteas".

Polo tanto, a pesar das subas de prezos que tamén inclúen a manteiga e o leite en pó, sosteñen que o seu efecto "non se está notando nas granxas en gran medida". Por iso, aínda que os movementos do mercado "son acollidos con alegría", desde Agromuralla cren que "non ofrecen moita esperanza" e que hai que agardar para ver "cómo segue evoluncionando o mercado".

Recordan, ademáis, que os 28 céntimos por litro aínda non alcanzan os "32 que se estiman como media dos custos de produción, nin os 34 que se estiman para obter un beneficio mínimo".

relacionada Vacas no canto de tractores para protestar polo baixo prezo do leite
relacionada Agromuralla levanta a tractorada de Lugo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE