Imaxe do encontro en Balaídos. //Foto: @UEFAcom_es twitter
A camiseta do Celta volve lucir esta noite no partido fronte ao Ajax o trisquel que a UEFA obrigara a retirar. O símbolo conta agora coa autorización para a Europa League, se ben, tal e como informou o club, na seguinte fase da competición, se os celeste pasa, deberá estar colocado máis próximo ao pescozo. Esixencias da UEFA.
O equipo vigués está en Ámsterdam desde o mércores e xa pisou o terreo de xogo no que esta noite se van medir ao icónico equipo holandés. Ante os medios de comunicación, o adestrador, Berizzo, definiuno como "un partido difícil", pero é consciente de que no Ajax "saben da nosa perigosidade" e, polo tanto, os vigueses chegan "confiados" no dano que poden facer.
Despois do empate a 2 en Balaídos, o Celta disputa cos holandeses o liderado do grupo para achegarse aos dezaseisavos de final. Co bo estado de forma colectivo e con Iago Aspas coa frecha para arriba, buscarán romper a xeira de 13 encontros sen perder que encadea o Ajax.