#Claves de la semana

O Celta recupera o trisquel na camisola europea

Esta noite, fronte ao Ajax levará, ademais, un unifomre que conmemora os 110 anos de Estrella Galicia. Os celestes están xa en Amsterdam.


|

Celtaajax2

Imaxe do encontro en Balaídos. //Foto: @UEFAcom_es twitter


A camiseta do Celta volve lucir esta noite no partido fronte ao Ajax o trisquel que a UEFA obrigara a retirar. O símbolo conta agora coa autorización para a Europa League, se ben, tal e como informou o club, na seguinte fase da competición, se os celeste pasa, deberá estar colocado máis próximo ao pescozo. Esixencias da UEFA.


O equipo vigués está en Ámsterdam desde o mércores e xa pisou o terreo de xogo no que esta noite se van medir ao icónico equipo holandés. Ante os medios de comunicación, o adestrador, Berizzo, definiuno como "un partido difícil", pero é consciente de que no Ajax "saben da nosa perigosidade" e, polo tanto, os vigueses chegan "confiados" no dano que poden facer.


Despois do empate a 2 en Balaídos, o Celta disputa cos holandeses o liderado do grupo para achegarse aos dezaseisavos de final. Co bo estado de forma colectivo e con Iago Aspas coa frecha para arriba, buscarán romper a xeira de 13 encontros sen perder que encadea o Ajax.

relacionada ​Empate do Celta ante o Ajax
relacionada O Celta xa coñece os rivais na Europa League
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE