O Celta volve de Amsterdam coa súa primeira derrota na súa volta á competición europea (3-2) e perde as opcións de poñerse primeiro de grupo, posto que consolida o Ajax.


Berizzo decidiu reservar moitos dos titulares habituais para o partido contra o Valencia. E iso, contra un Ajax liderado por Kasper Dolberg, que se exhibiu, non deixou aos celestes gozar do dominio co que comezaran o encontro. Os locais subiron a intensidade e non deixaron de presionar sobre o campo do Celta, apropiándose do choque.


Así, ao fío do descanso, chegou o primeiro gol para o Ajax. Na reanudación, os de Berizzo saíron enchufados a pola remontada, pero cando mellor estabaan, encaixaron o segundo. E co terceiro, a afición local veuse arriba.


Cando xa se asumía a goleada, apareceron Guidetti e Aspas para dar esperanzas. A remontada estivo preto, cun disparo á escadra de Bongonda preto do final que adiviñou o gardameta local. Non foi posible.

POWERED BY BIGPRESS