#Claves de la semana

​O Celta encaixa a primeira derrota europea (3-2)

O Ajax púxose 3-0 e, aínda que os vigueses chegaron a crer na remontada, Bongonda errou unha ocasión cantada para empatar.


|

Ajaxcelta


O Celta volve de Amsterdam coa súa primeira derrota na súa volta á competición europea (3-2) e perde as opcións de poñerse primeiro de grupo, posto que consolida o Ajax.


Berizzo decidiu reservar moitos dos titulares habituais para o partido contra o Valencia. E iso, contra un Ajax liderado por Kasper Dolberg, que se exhibiu, non deixou aos celestes gozar do dominio co que comezaran o encontro. Os locais subiron a intensidade e non deixaron de presionar sobre o campo do Celta, apropiándose do choque.


Así, ao fío do descanso, chegou o primeiro gol para o Ajax. Na reanudación, os de Berizzo saíron enchufados a pola remontada, pero cando mellor estabaan, encaixaron o segundo. E co terceiro, a afición local veuse arriba.


Cando xa se asumía a goleada, apareceron Guidetti e Aspas para dar esperanzas. A remontada estivo preto, cun disparo á escadra de Bongonda preto do final que adiviñou o gardameta local. Non foi posible.

relacionada O Celta recupera o trisquel na camisola europea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE