O Celta celebra o gol. //Foto: @LaLiga


Non foi un partido brillante do Celta, que nos últimos partidos perdeu parte da seguridade gañada a base de goles. O Valencia de Prandelli desembarcou en Balaídos disposto a plantar no terreo de xogo unha defensa de ferro para mollar a pólvora do ataque vigués. E comezou conseguindo anular a arma máis letal dos celestes.

O primeiro tempo foi trabado e incómodo, co equipo ché pechando espacios e poñéndose por diante cun penalti transformado por Parejo á media hora de xogo. A igualada chegaría ao fío do descanso grazas a unha maniobra sensacional de Roncaglia dentro da área.

Os vigueses saíron dos vestiarios pouco enchufados, o que aproveitou o Valencia para presionar máis cerca da meta celeste. Pero o Celta tiña un obxectivo na cabeza e non parou ata atopar un camiño para conseguilo. O equipo agradeceu a entrada de Marcelo Díaz, que conseguiu engranar o xogo dos vigueses. O propio chileno, ademáis, foi o autor dun centro desde o fondo que aproveitou Guidetti de prancha para, de cabeza, anotar a remontada.


POWERED BY BIGPRESS