#Claves de la semana

​O Celta tumba o muro do Valencia (2-1)

O conxunto de Prandelli queda a un punto do descenso, mentres os celestes chegan ao parón ligueir reforzados.


|

Celtacelebracionvalencia

O Celta celebra o gol. //Foto: @LaLiga


Non foi un partido brillante do Celta, que nos últimos partidos perdeu parte da seguridade gañada a base de goles. O Valencia de Prandelli desembarcou en Balaídos disposto a plantar no terreo de xogo unha defensa de ferro para mollar a pólvora do ataque vigués. E comezou conseguindo anular a arma máis letal dos celestes.

O primeiro tempo foi trabado e incómodo, co equipo ché pechando espacios e poñéndose por diante cun penalti transformado por Parejo á media hora de xogo. A igualada chegaría ao fío do descanso grazas a unha maniobra sensacional de Roncaglia dentro da área.

Os vigueses saíron dos vestiarios pouco enchufados, o que aproveitou o Valencia para presionar máis cerca da meta celeste. Pero o Celta tiña un obxectivo na cabeza e non parou ata atopar un camiño para conseguilo. O equipo agradeceu a entrada de Marcelo Díaz, que conseguiu engranar o xogo dos vigueses. O propio chileno, ademáis, foi o autor dun centro desde o fondo que aproveitou Guidetti de prancha para, de cabeza, anotar a remontada.


relacionada ​O Celta encaixa a primeira derrota europea (3-2)
relacionada ​Iago Aspas non entra nos plans de Lopetegui
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE