Este sábado finalizou o Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia durante o que, por primeira vez na Historia e por expreso desexo do Papa, abriuse por primeira vez a Porta Santa fóra do Ano Santo. O seu peche marca o fin dun fito que supuxo un gran reclamo para a Ruta Xacobea, para Santiago e para Galicia.


O Ano da Misericordia impulsou as boas cifras de chegada de peregrinos e outros turistas. Deste xeito, contribuíu a bater as espectaculares cifras de peregrinos do Ano Santo 2010 e a alcanzar as 271.000 'compostelas' expedidas no que vai de ano.


Ademais, esta celebración tamén contribuíu a que Galicia se aproxime ao ambicioso obxectivo dos cinco millóns de viaxeiros aloxados na comunidade durante 2016.


A demanda turística rexistrou nos nove primeiros meses deste ano subidas do 7,4 por cento no que se refire aos viaxeiros aloxados e do 9 por cento en relación ás percnotas, das que se alcanzan 8,4 millóns.


No marco do Ano da Misericordia, Turismo de Galicia ofreceu tanto aos galegos como aos turistas e peregrinos que visitaron a comunidade neste período unha programación especial que achegou, segundo defende nun comunicado, "un valor engadido" á oferta da comunidade.


Este domingo terá lugar a celebración da clausura do Ano da Misericordia na Catedral de Santiago ás 17:00 horas. 



POWERED BY BIGPRESS