#Claves de la semana

A Porta Santa bota o pecho ata 2021

Este sábado finalizou o Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia durante o que por primeira vez na Historia se abriu a Porta Santa fóra de Ano Santo


|

Puertasantafachadaquintanademuertos


Este sábado finalizou o Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia durante o que, por primeira vez na Historia e por expreso desexo do Papa, abriuse por primeira vez a Porta Santa fóra do Ano Santo. O seu peche marca o fin dun fito que supuxo un gran reclamo para a Ruta Xacobea, para Santiago e para Galicia.


O Ano da Misericordia impulsou as boas cifras de chegada de peregrinos e outros turistas. Deste xeito, contribuíu a bater as espectaculares cifras de peregrinos do Ano Santo 2010 e a alcanzar as 271.000 'compostelas' expedidas no que vai de ano.


Ademais, esta celebración tamén contribuíu a que Galicia se aproxime ao ambicioso obxectivo dos cinco millóns de viaxeiros aloxados na comunidade durante 2016.


A demanda turística rexistrou nos nove primeiros meses deste ano subidas do 7,4 por cento no que se refire aos viaxeiros aloxados e do 9 por cento en relación ás percnotas, das que se alcanzan 8,4 millóns.


No marco do Ano da Misericordia, Turismo de Galicia ofreceu tanto aos galegos como aos turistas e peregrinos que visitaron a comunidade neste período unha programación especial que achegou, segundo defende nun comunicado, "un valor engadido" á oferta da comunidade.


Este domingo terá lugar a celebración da clausura do Ano da Misericordia na Catedral de Santiago ás 17:00 horas. 



relacionada ​Estudan como evitar o "estrés" que sofre a Catedral de Santiago
relacionada ​Achan unha escultura da fachada medieval do Pórtico da Gloria
relacionada Os bos datos do turismo tamén se notan no rural galego
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE