Un home duns 50 anos faleceu a última hora deste xoves tres ser atropelado por un tren na estación da localidade luguesa de Sarria.


Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 21,00 horas, cando o home camiñaba acompañado doutras dúas persoas pola estación de Sarria cando, por causas que se descoñecen, caeu ás vías. Os servizos de emerxencias apuntan a un accidente fortuíto.


A circulación ferroviaria na zona permaneceu pechada pouco máis dunha hora tras o suceso. O tren que atropelou o home facía o traxecto entre A Coruña e Monforte e nel viaxaban tres persoas. Ademais, outro tren tivo que deter a súa marcha como consecuencia do sinistro.


Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Sarria, Protección Civil e Garda Civil, así como persoal do 061 que confirmou o falecemento da vítima. Tamén foi informado Adif.

POWERED BY BIGPRESS