#Claves de la semana

​Falece un home que caeu ás vías do tren en Sarria

Camiñaba acompañado por outras dúas persoas na estación. O tren que o atropelou facía a ruta entre a Coruña e Monforte.


|

Trenvias


Un home duns 50 anos faleceu a última hora deste xoves tres ser atropelado por un tren na estación da localidade luguesa de Sarria.


Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 21,00 horas, cando o home camiñaba acompañado doutras dúas persoas pola estación de Sarria cando, por causas que se descoñecen, caeu ás vías. Os servizos de emerxencias apuntan a un accidente fortuíto.


A circulación ferroviaria na zona permaneceu pechada pouco máis dunha hora tras o suceso. O tren que atropelou o home facía o traxecto entre A Coruña e Monforte e nel viaxaban tres persoas. Ademais, outro tren tivo que deter a súa marcha como consecuencia do sinistro.


Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Sarria, Protección Civil e Garda Civil, así como persoal do 061 que confirmou o falecemento da vítima. Tamén foi informado Adif.

relacionada Falece no hospital un home atropelado por un tren en Culleredo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE